Día da danza | Os clásicos tamén bailan

"Leamos e bailemos. Estas dúas diversións nunca lle farán dano ao mundo"

A recomendación/aseveración de Voltaire fíxose literalidade en Clásicas desfeitas, unha revisitación anovadora de obras da literatura universal que grazas ás REGA (Residencias Artístisticas do Gaiás) deron o salto do papel a diferentes linguaxes artísticas; entre elas á danza.

No Día da Danza [29 de abril] homenaxeamos este idioma universal capaz de establecer pontes entre disciplinas creativas para ofrecernos sorprendentes versións de clásicos, como Frankenstein de Mary Shelley, Orlando de Virginia Wolf ou Sísifo de Camus, que foi o que puidemos gozar no Gaiás neste ciclo, coproducido polo CDG - Salón Teatro e a Cidade da Cultura de Galicia.

Lembrade que os días 1, 8 e 15 de maio emitiremos pola nosa canle de Youtube cada unha das gravacións das tres pezas de «Clásicas desfeitas» cuxa representación presencial viuse reducida en número de público pola situación da pandemia. Hai que velas!

Santiago de Compostela, 28 de Abril de 2021