Poesía + electrónica + ritmos latinos: o noso plan para esta semana

O noso plan para esta semana no Atardecer no Gaiás comeza o xoves cun recital a cargo de Mercedes Villegas. Fundadora da librería María Balteira e activa dinamizadora cultura, Villegas estará acompañada pro Antonio Calvache.

O venres, a música electrónica toma o relevo con Fatfish. Promotor e dj desde 1986, neste período compartiu cartel con nomes de prestixio na escena da música electrónica, participando en festivais como o Sónar, Phonótica, Fisterrae, Artec, Block Parties, Move, Fresh Weekend ou Festimad. A súa música caracterízase por unha vocación experimental, cun gran dominio dos diferentes estilos da electrónica underground que xurdiu das tres últimas décadas.

E o sábado, agárdate o directo explosivo da banda colombiana Bomba Estéreo, que converterá o Gaiás nun festa de sons electrónicos e urbanos asociados a ritmos latinos, como a cumbia, a champeta ou bullerengue, todo envolto nun espectáculo visual con proxeccións de vídeos experimentais. O grupo chega a Cidade da Cultura despois do éxito do seu disco Estalla e tras converterse nunha das bandas colombianas máis importantes do momento.

Quedades convidados!

Música & Escena
Santiago de Compostela, 31 de Agosto de 2011