Asaltos! Á oralidade | A música e a palabra que define os/as púxiles

Desde a Odisea de Homero ata o verso dunha regueifa, pasando polo último disco dunha cantautora, a oralidade estivo intimamente vencellada á forma de nos expresar poeticamente. A visión desta manifestación artística e a súa identificación coa literatura será o fío de Penélope do que tiraremos para deconstruírmos un tapiz de ideas do máis variado ao redor da voz cantada, recitada ou rapeada. Tres voces da música serán as que se batan en duelo dialéctico no terceiro ring de #Asaltos!, este venres, día 16, a partir das 17.30 horas no Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura. Nesta ocasión, o combate será ao redor da oralidade entre a cantautora Ses, o repentista cubano Alexis Díaz-Pimienta, a regueifeira Alba María e Xurxo Souto, en calidade de árbitro ou réferi.  Queres coñecelos máis? El@s mesm@s se presentan.

 E non só con palabras, senón con música. Preme na imaxe; pon os auriculares (ou non); sitúa o volume no nivel que máis che preste e goza a banda sonora que lles motiva, move e conmove aos e ás 15 púxiles  #Asaltos! 

Santiago de Compostela, 13 de Novembro de 2018