A escultura que salvou milleiros de pernas na II Guerra Mundial

Con apenas 25 anos, Ray Kaiser era unha prometedora pintora abstracta que viña de formarse con Hans Hoffmann, pero o seu paso pola academia de arte Cranbrook de Michigan, onde descubriu a súa paixón polo deseño e coñeceu a Charles Eames, cambiaría para sempre a historia do interiorismo e o deseño industrial.

Do traballo da xenial parella de creadores que formaron Ray e Charles Eames e do xeito maxistral en que combinaron estética e ergonomía xurdiron algunhas das cadeiras máis icónicas -e máis imitadas- do século pasado. Co obxectivo de fabricar en serie mobles de deseño a un prezo accesible, nos anos 40 comezaron a experimentar con técnicas para o modelado da madeira contrachapada a partir dos deseños abstractos de Ray Eames. A guerra interrompeu o seu traballo e destes ensaios xurdiu unha peza inesperada: unha férula. Realizada en madera laminada, barata, lixeira e funcional, permitía pasar vendas e inmobilizar rapidamente unha perna ferida. Fabricouse en serie para o exército dos EEUU e salvou milleiros de pernas ata o fin da guerra.

Agora mesmo podes ver no Museo Centro Gaiás a escultura-férula que daría lugar a esta peza, xunto a outras das primeiras obras de Ray Eames. Se aínda non coñeces á que seguramente sexa a deseñadora máis destacada da nosa historia recente, de quen Charles Eames dixo "Todo o que eu fago, Ray pode facelo mellor", xa estás tardando en achegarte a «Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño 1924-2020». Bule que a exposición despídese de Compostela este domingo 28 de agosto!

Santiago de Compostela, 23 de Agosto de 2022