Vota no concurso Deseños Xacobeos!

Xa está en marcha o concurso Deseños Xacobeos, no que elixir o mellor prototipo realizado polos alumnos das Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia para a exposición Camiño. A orixe.

A mecánica é moi sinxela: achégate ao Museo Centro Gaiás e, tras percorrer a exposición Camiño. A orixe, diríxete á saída pasando pola tenda. Alí poderás contemplar os once Deseños Xacobeos. De entre todos, elixe a túas tres pezas favoritas e marca cun 1 a casilla do prototipo que máis che guste e cun 2 e un 3 as seguintes. A peza gañadora darase a coñecer durante a clausura da mostra, o 13 de setembro.

Con este concurso entre os visitantes á exposición busca poñer en valor o traballo realizado por alumnos das distintas Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia: Escola Pablo Picasso da Coruña, Escola Ramón Falcón de Lugo, Escola Antonio Faílde de Ourense e Escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Trátase de pezas xacobeas creadas en exclusividade para a mostra que procuran ofrecer unha ollada contemporánea sobre o Camiño de Santiago. Todos eles podedes velos nesta galería de facebook.

Exposicións & Intervencións
Santiago de Compostela, 17 de Xuño de 2015