2020: Ano do remate do Fontán

O 2020 será o ano no que se remate o Fontán, que estará plenamente operativo no Xacobeo'21. Nas fotografías da galería do blog obsérvase o avance da construción desde o inicio dos traballos a principios de 2019, así como da transformación do baleiro deixado polo Teatro da Ópera [un dos edificios paralizados] nun xardín.

O Fontán converterá o Gaiás nun espazo de referencia en España nos estudos sobre patrimonio, albergando o Centro Europeo de Investigación en Paisaxes Culturais e o Instituto de Ciencias do Patrimonio, dependente do CSIC. Ademais, acollerá institucións que dan servizo as tres universidades galegas.

Coa posta en marcha do Fontán, 200 persoas sumaranse ás preto de 700 que traballan actualmente nos servizos e empresas localizados na Cidade da Cultura.

Santiago de Compostela, 09 de Xaneiro de 2020