Día do cómic | Isaac pioneiro coa súa 'Nave espacial'

Esta semana festéxase o Día do cómic [1 de maio] e tiramos proveito para destacar un dos pionerios en Galicia, Isaac Díaz Pardo cos seus carteis de cego, sen dúbida unha das primeiras aproximacións tanxenciais á banda deseñada. Nestas creacións, recolle a tradición antiga de cando as persoas cegas ían polas vilas contando historias nas prazas do pobo, e acompañaban a recreación das súas narracións orais con pequenas ilustracións.
 
Na exposición «As miradas de Isaac» da Cidade da Cultura podes atopar «A nave espacial» o primeiro cartel de cego de Díaz Pardo. Nel cóntanos a historia de Manuela Canle e a súa parella, que debecen por ir ao espazo nunha nave. Mais cando o conseguen, acaban facendo a mesma vida que na terra.
 
Nestes debuxos ten especial importancia a concepción das figuras, pois nelas están presentes moitos dos deseños empregados nas obras cerámicas máis características de Sargadelos.
.
Achégate a ver ao Museo Centro Gaiás este acedo e actual relato sobre necesidades inventadas da sociedade de consumo. Aberta de martes a domingo, con horario ininterrompido de 10 a 20 horas. Entrada libre e de balde, sen necesidade de reserva. Só é preciso inscrición se desexas coñecer a mostra acompañada/o do persoal de guías nunha visita comentada
 

Exposicións & Intervencións
Santiago de Compostela, 28 de Abril de 2021