Visita a Cidade da Cultura
MEDIDAS ESPECIAIS NA CIDADE DA CULTURA
POLA SITUACIÓN SANITARIA
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia, ante as modificacións das restricións sanitarias anunciadas no Decreto 26/2021 e Orde do 15 de febreiro de 2021, comunica as seguintes medidas, en vigor do 17 de febreiro ao 3 de marzo:
➖ Apertura ao público das instalacións do Museo Centro Gaiás, e da exposición As miradas de Isaac, no horario habitual –de 10 a 20h–, e a un terzo da súa capacidade.
➖ As Torres Hejduk, que neste intre acollen a intervención A distancia da imaxe, están tamén abertas ao público a un terzo da súa capacidade.
➖ O Servizo de Atención ao Público do Gaiás estará activo no mostrador de entrada do Museo Centro Gaiás e tamén a través do teléfono 881 997 584 e do enderezo electrónico o.informacion@cidadedacultura.
➖ Apertura ao público das instalacións da Biblioteca de Galicia, co horario e servizos habituais: visita ás exposicións, información bibliográfica e consulta de documentos custodiados nos depósitos. A capacidade estará limitada a un terzo da habitual, o que na sala de lectura supón que estarán habilitados 36 postos.
➖ Retómanse tamén as actividades presenciais nos distintos espazos do complexo da Cidade da Cultura. Como norma xeral, o número de prazas estará limitado ao trinta por cento da capacidade máxima permitida de cada espazo e a un máximo de ata catro persoas nas actividades de grupos, sexan ou non conviventes, excluído o monitor ou guía.
➖ Os espazos naturais e de lecer da Cidade da Cultura manteranse abertos ata a hora do toque de queda, establecido actualmente nas 22 horas.
Ante posibles modificacións dos servizos do complexo da Cidade da Cultura, pregamos consultar webs e contas de redes sociais non só da Cidade da Cultura, senón tamén das institucións, empresas e colectivos localizados no Gaiás non dependentes da Fundación Cidade da Cultura de Galicia.
Lembrando que estas decisións están dirixidas a minimizar o impacto do coronavirus, agradecemos a compresión e a colaboración e convidamos a explorar todos os contidos da Cidade da Cultura dispoñibles en liña.
(*)Estes anuncios poderán verse modificados en función do desenvolvemento das restricións no DOG.
Conexións en bus con Santiago
LIÑA 9: Luns- Venres laborais | Sábados mañá
Saídas dende Casas Novas [Frecuencia: 60 min.]
Luns a Venres 07.30 - 22.30 | Sábados 08:30 - 13:30
Itinerario de ida | Casas Novas - Santa Isabel - Galeras - San Clemente - A Senra - Virxe da Cerca - Porta do Camiño - San Roque - Basquiños - Pastoriza - Anxo Casal - Rodríguez de Viguri - Fontiñas - Piscinas - Multiusos Fontes do Sar - Cidade da Cultura
Saídas dende a Cidade da Cultura [Frecuencia: 60 min.]
Luns a Venres 08:00 - 22.00 | Sábados 09:00 - 13:00
Itinerario de volta | Cidade da Cultura - Multiusos Fontes do Sar - Piscinas - Fontiñas - Concheiros - Campo da Angustia - Rúa de Bonabal - San Roque - Virxe da Cerca - A Senra - San Clemente - Galeras - Santa Isabel - Casas Novas
+ info Transporte urbano, Liña 9
LIÑA C11: Sábados tarde | Domingos e Festivos
- Prolongación a Viso / Multiusos (paso aproximado por Xeneral Pardiñas):
Sábados laborables, 14:30 15:00 15:30 16:00 16:30 17:05 17:30(*) 18:05 18:30 19:00 19:30 19:45(*) 20:00(*) 20:55 21:30
Domingos, festivos, 8:10 8:45 9:20 9:55 10:30(*) 11:05 11:45 12:20 12:55 13:30(*) 14:05 17:25(*) 20:05(*)
(*) Pasan por Cidade da Cultura - + info: Trasporte urbano, Liña C11
Visitas comentadas
AVISO POLA SITUACIÓN DA COVID-19
— Ao fío das modificacións das restricións sanitarias anunciadas no Decreto 26/2021 e Orde do 15 de febreiro de 2021, a Cidade da Cultura informa que a partir do mércores 17 de febreiro retómanse as visitas comentadas á exposición As miradas de Isaac:
- Visita de balde.
- Requerirase inscrición previa en todos os casos.
- A capacidade máxima dos grupos de visita está actualmente limitada, en cumprimento das medidas para a prevención e control da covid-19, a un máximo de 4 persoas, conviventes ou non, ademais do/a guía.
— Ademais, a exposición pode visitarse a través dun tour virtual:
Coordenadas GPS
Latitude 42º 52' 13.02" N
Lonxitude 8º 31' 32.69" W
Planos de acceso
Descarga aquí o Plano de acceso por autoestrada
Descarga aquí o Plano de acceso e subida ao Gaiás a pé