EAN 2026 | Publicada a listaxe das persoas seleccionadas para participar no Encontro de Artes Novas

Xa está publicada a listaxe provisional cos nomes das creadoras e creadores emerxentes seleccionados para participar no Encontro de Artes Novas Cidade da Cultura de Galicia, EAN 2026. Durante catro días —do 1 ao 4 de setembro—, as persoas participantes compartirán procesos de traballo, metodoloxías e preguntas ao redor da práctica artística contemporánea nun contexto que favorece a escoita, a interlocución e a reflexión colectiva.

Coa dirección de Chus Martínez Domínguez, o programa do EAN 2026 artéllase a través da presentación pública de proxectos, de conversas con artistas e de espazos de traballo compartido. Estes formatos están pensados para activar relacións entre prácticas diversas e para abrir contextos de aprendizaxe mutua entre artistas emerxentes e tamén figuras consolidadas como Sonia Fernández Pan, Pablo Sanguinetti, Laura Tabarés, Jacobo Bugarín, ou a dupla artística Clo-Plas, integrada por Xiana Arias e Berio Molina. O programa do EAN inclúe ademais un encontro para coñecer experiencias e prácticas desenvolvidas en MediaLab Matadero, como espazo de referencia na creación contemporánea actual.

Listaxe provisional de persoas seleccionadas

  • Agustina Fioretti
  • Aida Valdés Gómez (Aida Valdés)
  • Alba Matilla Iglesias
  • Aldara Váquez Estévez
  • Alicia Arévalo Gallego (Ali Arévalo)
  • Álvaro Gallego Loroño
  • Blanca Castro Ponce
  • Breogán Torres Gutierrez (Breogán Xague)
  • Carlos Fernández López (Carlos Fer)
  • Diana Millán Pascual (Diana Millán)
  • Irene Sánchez Mora
  • Isabella Moreno Rueda (Isa Moreno)
  • Jesús Yáñez Moratiel (Jesu Moratiel)
  • Jose Iglesias García-Arenal
  • Juncal Alma (Juncal Alma Castro Vázquez)
  • Laura Domínguez Valdivieso
  • Laura Fernández Antolín
  • Laura Subirats González (Laura Subirats)­
  • Louise Elizabeth Ward Morris
  • María Espasandín
  • Mario García Cortizo (Mario G. Cortizo)
  • Noa Rodríguez Méndez
  • Sara Piñeiro Fernández
  • Sofía Yáñez Perteagudo
  • Tana Garrido Ruiz (Tana Garrido)
  • Timsam Harding
  • Valentina Giniger
  • Ximena Ferrer Pizarro
Santiago de Compostela, 25 de Xuño de 2026