O 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración, efeméride coa que a Consellería de Cultura pretende potenciar esta arte e situala no lugar que lle corresponde. Trátase dunha data que se fai coincidir co aniversario do nacemento de Castelao, que tivo entre as súas múltiples facianas de éxito a de gran debuxante.
En Galicia hai un viveiro de ilustradoras novas e emerxentes que están a facerse cun nome importante coas que contamos na Cidade da Cultura para levar a cabo unha iniciativa ben saborosa e animada, que seguro vos resulta moi apetecible nestes días en que se nos está a pedir que quedemos máis na casa: a videoreceitas animadas das Cociñeiras ilustradas!
En Cociñeiras ilustradas, Nuria díaz, Ana Varela, Laura Tova, Ángeles Díaz-Axouxeres e chisqueiros e Dani Padrón encargáronse de darlle vida cos seus divertidos e fantásticos debuxos a ricos xantares, ceas, merendas ou sobremesas, preparadas polos cociñeiros da Escola de Hostalaría Belarmino Fernández. Sober (Lugo): Xenxo Pereiro, Santiago Martínez, David Cidre e Miguel A. Caruncho.
Premede AQUÍ para ver toda as videoreceitas coas súas larpeiras ilustracións para achegarlles a vosa cativa dun xeito divertido a arte da cociña e o coñecemento de alimentos e hábitos saúdables, que son moi importantes na súa nutrición e crecemento.
ANA VARELA
|
![]() |
ÁNGELES DÍAZ
|
![]() |
DANI PADRÓN
|
![]() |
NURIA DÍAZ
|
![]() |
LAURA TOVA
|
![]() |
[Música vídeos: Guitalele's Happy Place by Stefan Kartenberg Ft: Kara Square (mindmapthat)Guitalele's Happy Place by Stefan Kartenberg (c) copyright 2017
Licensed under a Creative Commons Attribution (3.0) license. http://dig.ccmixter.org/files/JeffSpeed68/56194 Ft: Kara Square (mindmapthat) ]

