Galicia: entrada do fútbol en España | Valor e mestría

Sabías que foi en Galicia onde se xogou por vez primeira ao fútbol?

Isto é o que defenden certos investigadores, que sitúan en Vigo —e en 1876— os primeros partidos deste deporte, ao que denominaban «xogos de pelota» e que ocupaban a vida social dos traballadores da Eastern Telegraph Company. Procedentes de Porthcurno (Cornualles).

Estes enxeñeiros crearon na cidade olívica o equipo Exiles, que é o punto de partida do relato expositivo de Valor e mestría, a mostra máis ambiciosa sobre a historia do fútbol galego, que fai un percorrido polos 143 anos de historia deste deporte en Galicia.

Esta tese é recollida por Rubén Ventureira, un dos comisarios da exposición, quen lembra que José Ramón Cabanelas, investigador da historia local de Vigo, revelou o achado da que hoxe segue a ser a primeira nova sobra a práctica do fútbol en España.

Publicada no Faro de Vigo, di: "Outra vez volveron visitarnos (ao Casino) os ingleses. Son tan amables! Camiñan como catro, pisan como seis e beben como cincuenta (...) Pescan, cazan fuman, pinta e xogan á pelota, segundo o seu uso e maneira (...).

Cabanelas deduce que os que "xogan á pelota" neste artigo son os traballadores do Eastern Telegraph Company Ltd. Pero, tal e como remarca Rubén Ventureira, máis aló de suposicións, hai un feito obxectivo: esta é a primeira noticia sobre fútbol en España e está datada en 1876, catro anos anterior á primeira sobre este deporte en Huelva. 

Esta e outras historias que son un anaco importante da biografía deste deporte, pero tamén de Galicia, podes coñecelas polo miúdo nas visitas comentadas, de balde, sobre a exposición Valor e mestría. Galicia como fútbol. De martes a domingo, ás 17.30 horas, ata o 1 de setembro no Museo Centro Gaiás.

Exposicións & Intervencións
Santiago de Compostela, 25 de Abril de 2019