Xa está publicada a listaxe provisional cos nomes das creadoras e creadores emerxentes seleccionados para participar no Encontro de Artes Novas Cidade da Cultura de Galicia, EAN 2026. Durante catro días —do 1 ao 4 de setembro—, as persoas participantes compartirán procesos de traballo, metodoloxías e preguntas ao redor da práctica artística contemporánea nun contexto que favorece a escoita, a interlocución e a reflexión colectiva.
- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH

