O Gaiás xacobeo | Ano Santo 2021

Na Cidade da Cultura de Galicia dámoslle a benvida ao Xacobeo 2021 co que nos une un estreito vencello, xa que a Vía da Prata transcorre paralela ao monte Gaiás e tamén polos proxectos culturais vinculados directamente co Camiño e coa peregrinación:

— Nos nosos espazos verdes medra o Bosque do Peregrino cun cento de especies autóctonas plantadas por camiñantes

— No cumio do Bosque de Galicia as esculturas cilíndricas Espellos de Manolo Paz  establecen unha conexión visual directa coa mesma catedral de Santiago

— No Xardín Literario unha caixa de correos en forma de pirámide permite os e as peregrinas depositar e desprendese alí mesmo dos seus medos antes de emprender o último tramo do Camiño en dirección ao casco histórico compostelán

— No interior das Torres Hejduk intervención artística A distancia da imaxe ofrece unha orixinal, diferente e actual radiografía-mosaico da peregrinación en tempos de pandemia

— No interior do Museo Centro Gaiás instalación dos Bastóns dos Peregrinos lémbranos a importancia destes caxatos, compañeiros imprescindibles na travesía a pé polas diferentes rutas

Ano Santo aínda está a dar os seus primeiros pasos, e no Gaiás queda moita programación xacobea que ofrecervos!

 

Visitas e Accións divulgativas
Santiago de Compostela, 30 de Decembro de 2020