Daniel Libeskind

Despois de formarse musicalmente en Israel e Nova York, estudará arquitectura en Nova York e Essex. Dende a súa chegada a esta disciplina refuga dos estudios de arquitectura convencionais que, ao seu parecer, resultan moi redundantes.

Daniel Libeskind é unha figura recoñecida polo seu deseño urbano, por introducir un novo discurso crítico na arquitectura e polo seu achegamento multidisciplinario. As súas obras retoman a memoria de acontecementos traumáticos, como os estremecedores Museos Xudeus de Berlín e Copenhague, a Posdamerplatz da capital alemana ou o proxecto da Torre da Liberdade da Zona Cero de Nova York.

Studio Daniel Libeskind [www]

 

Proposta para a Cidade da Cultura

 

Vox Nueva propón unha configuración cos nove programas que xeran unha nova paisaxe. Mira cara a Santiago de Compostela e presenta a cidade cun conxunto flexible de espazos públicos e xardíns únicos. Pódese considerar a Vox Nova como a fusión de forma e espazo, onde a forma sostén os programas culturais específicos e os xardíns verticais xeran as entradas ás actividades públicas. Conséguese o xogo entre estes dous elementos por medio da mestura constante de relacións. Estas relacións concrétanse no rico matiz da arquitectura na que se fusiona a totalidade do programa coas infiltracións dos xardíns.

Os visitantes soben a través de xardíns horizontais e son dirixidos por unha paisaxe de varias capas que é específica de cada institución cultural. Os xardíns forman, na dimensión vertical, un ámbito público visible, unha serie de prazas de dimensión vertical. Vox Nova concentra, acelera e intensifica o encontro público.

Vox Nova é un proxecto que crea un complexo cultural de nove edificios principais dentro dunha soa forma, tan artellada que proporciona unha relación precisa con Santiago de Compostela e a paisaxe circundante.

Os dous elementos, forma construída e paisaxe construída, constitúen unha relación única. Hai unha variedade de xardíns paisaxísticos con carga dramática, innovadores, que interactúa coa paisaxe que xa existe e que son esenciais para o esquema.

A forma construída subministra 60.000 metros cadrados de programa. O Xardín da Musa e os Xardíns de Sete Días preséntanse como unha reserva natural da cal se proxectan camiños para explorar a natureza.