Clásicas desfeitas | Unha nova criatura escénica nace no Gaiás

Prometeo, Fausto e Frankenstein nun mesmo personaxe. Esta nova criatura foi á que se lle deu vida nas Torres Hejduk do Gaiás, na primeira das pezas do ciclo Clásicas desfeitas, producido pola
Cidade da Cultura de Galicia o Centro Dramático Galego.
 
Tras un proceso creativo nas Residencias Artísticas do Gaiás (REGA), o colectivo nononon Lab (José Faro, Xacobo Castro, Lucía Estévez, Laura Iturralde e Montse Piñeiro) idearon este cadáver exquisito, multifacético e atemporal.
 
Nel, Prometeo, Fausto e Frankenstein encarnan as tres etapas da vida, desde o nacemento ata a morte. Para este relato vital, a orixinal e anovadora versión destas tres pezas literarias fai un uso delicioso da plástica, da escena e da música, sensorialmente cativadora.
 
Estes tres personaxes reencarnarse nun, para facernos preguntas e repreguntarnos, cambalear certezas e alimentar incertidumes; unha das grandes calidades da arte.
 
 
Música & Escena
Santiago de Compostela, 15 de Marzo de 2021