A mofa da xenialidade de Baldessari | «Os brancos segredos do seu ventre»

«Lanzar tres bólas ao aire para conseguir unha liña recta» | Composición fotográfica de John Baldessari (California, 1931–2020) exposta en «Os brancos segredos do seu ventre», na Cidade da Cultura de Galicia
 
Para Bea Espejo —comisaria da mostra no Museo Centro Gaiás— poucas obras hai tan especiais como esta; na que o artista fai literalmente o que anuncia no título da composición e fotografía os resultados dos mellores lanzamentos; finalmente 12 óptimos dos 36 intentos [o número veu determinado pola cantidade de disparos que permitía un rolo fotográfico].
 
Grazas á maxia da fotografía, as pelotas nunca caeron ao chan. Unha obra onde Baldessari fai mofa desa idea de xenialidade tantas veces asociadas á arte e ao mito do artista traballando concentrado no seu estudio. Aquí eleva a arte á súa máxima capacidade social: á lúdica.
 
Vinde coñecer ao Museo Centro Gaiás da Cidade da cultura de Galicia as intrahistorias das 53 pezas que conforman a selección cromática que Bea Espejo dos fondos da
Fundación Rosón de Arte Contemporánea (Rac), unha das coleccións privadas máis importantes de España, Premio Arte e Mecenado da Obra Social La Caixa e declarada Ben de Interese Cultural (BIC), da Xunta de Galicia.
 
  • Información práctica a ter en conta! Aberta de martes a domingo, con horario ininterrompido de 10 a 20 horas. Entrada libre e de balde, sen necesidade de reserva. Só é preciso inscrición se desexades coñecer a mostra acompañados do persoal de guías nunha visita comentada.
Exposicións & Intervencións
Santiago de Compostela, 21 de Abril de 2021