A cartografía pode ser un xogo

Navegantes, exploradores, descubridores, observadores... Son moitas as personaxes que, ao longo dos séculos, fixeron Historia grazas a un mapa, un plano ou unha carta de navegación.

Agora, e grazas á Biblioteca de Galicia, todos podemos revivir a época dos descubrimentos e facer da cartografía un xogo. Como? A través de dúas divertidas actividades que terán lugar na Cidade da Cultura neste mes de xullo no marco da mostra 'Colección Cartográfica 'Vilardevós' de Rodolfo Núñez de las Cuevas, que poderá visitarse na Biblioteca de Galicia do 14 de xullo ao 14 de setembro.

A primeira actividade terá lugar o 17 de xullo baixo o nome de Aventura GPS, unha divertida competición por equipos na que, axudados polo sistema de xeolocalización, haberá que superar varias probas agochadas en diversos puntos do Gaiás. A recompensa: unha actividade de multiaventura para o equipo gañador.  A actividade está pensada para mozos a partir de 13 anos e é de balde máis é preciso reservar.

Pero a cartografía pode ser atractiva para toda a familia e así o demostrará os días 28 e 29 de xullo o xogo O mapa do tesouro. A medio camiño entre xincana e xogo dramatizado, os participantes deberán orientarse na Cidade da Cultura a través de diferentes mapas e atopar o tesouro. A actividade tamén é de balde e só precisa de inscrición. 

 

En familia
Santiago de Compostela, 02 de Xullo de 2014
 

Lecer

  • (1)