Gústache o teatro? Sempre pensaches en subir a un escenario? Queres vivir novas experiencias? A Cidade da Cultura de Galicia lanza unha convocatoria única!
Buscamos cen voluntarios para formar parte dunha acción escénica que xa deu a volta ao mundo. Trátase de Atlas, unha peza dos artistas portugueses Ana Borralho e Joao Galante, que reúne sobre o escenario a 100 persoas de diferentes profesións e identidades culturais.
Que queremos? Persoas de diferentes profesións, idades, orixes e crenzas. Todos teñen cabida neste espectáculo, que non é unha obra de teatro ó uso, se non unha performance, un traballo en grupo, non remunerado, no que non é preciso saber idiomas nen ter experiencia en teatro, danza ou artes escénicas.
Que pedimos? Só ganas de participar e compromiso de asistencia, con dispoñibilidade horaria na data da representación e nos ensaios (consultar días e horarios na área de descargas). Nas catro primeiras sesións de ensaio as 100 persoas dividiranse en dous grupos a escoller segundo a súa dispoñibilidade cada día. De ocorrer que alguén tivese problemas para a asistencia nun día concreto, cada caso valoraríase individualmente.
Para apuntarse, só tedes que cubrir a ficha de participación presente na área de Descargas cos datos solicitados e as preferencias horarias e enviala a atlas@cidadedacultura.org.


jpg | 50.66 KB | |
1.27 MB | ||
doc | 86.5 KB |