Cafetería/restaurante Museo Centro Gaiás

O Museo Centro Gaiás conta cun espazo de restaurante-cafetería que se suma aos da Cantina do Gaiás –situada no edificio do Centro de Emprendemento– e a cafetería O Roupeiro –no edificio CINC–, vindo a ampliar a oferta gastronómica do complexo.

O espazo está aberto de luns a domingo en horario de 8,00 a 20,00 horas no andar 0 do Museo Centro Gaiás e conta con dúas terrazas: unha exterior e outra interior situada no Hall de Tirantes do propio museo.

A proposta gastronómica da nova cafetería-restaurante contribúe a diversificar a oferta do complexo, dando resposta aos diferentes perfís de persoas presentes na Cidade da Cultura, desde turistas interesados na gastronomía galega ata os traballadores que acoden cada día ao seu posto.

 
Foto: Manuel G. Vicente
Foto: Manuel G. Vicente
Foto: Manuel G. Vicente
Foto: Manuel G. Vicente
Foto: Manuel G. Vicente