Celebra no Gaiás o Día das Bibliotecas

A Biblioteca e Arquivo de Galicia convida a vivir no Gaiás o Día das Bibliotecas, efeméride que celebramos cada 24 de outubro para trasladar importancia da biblioteca como un lugar de encontro cos lectores de todas as idades coa cultura e como un instrumento de mellor da formación e a convivencia humana.

Nesta ocasión, a Biblioteca de Galicia abrirá as súas portas este venres, 23 de outubro, para que todo aquel que o desexe poida descubrir os segredos que agocha esta institución. Incunables, libros do século XV, gravados históricos, vinilos de lousa, carteis de cine, estampas turísticas, selos, banda deseñada... Acceder ao corazón da Biblioteca de Galicia supón mergullarse nun mundo que ole a pergameo, a papel, a tinta e, sobre todo, á nosa historia. E ese é precisamente o seu convite: percorrer durante algo máis dunha hora os seus lugares máis inaccesibles e coñecer desde dentro o funcionamento da institución garante das letras galegas. Aquí podedes ler como foi a visita celebrada en 2014.

A visita á Biblioteca de Galicia terá lugar este venres, 23 de outubro, ás 12 horas. A actividade é de balde mais é preciso confirmar asistencia a través dos teléfonos 881 544 850 ou ben no 991 54 48 84.

Xunto con esta actividade, a Biblioteca de Galicia celebrará durante toda a xornada do venres a iniciativa Elixe o teu libro, coa que agasallará cunha obra a cada persoa que visite a biblioteca.

Letras & Pensamento
Santiago de Compostela, 23 de Outubro de 2015 (All day)
Día das Bibliotecas
 

Rutas

  • (2)