Clásicas desfeitas son tres pezas multidisciplinares, desenvolvidas no marco do Programa Residencias artísticas do Gaiás (REGA) 2021. Estas estadías creativas leváronse a cabo nos meses de febreiro e marzo no complexo do Gaiás, grazás á coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) coa Cidade da Cultura de Galicia.
Estas residencias artísticas tiñan como reto a adaptación anovadora e sorprendente de nove textos clásicos por parte de tres compañías e colectivos artísticos, desde as disciplinas da escena, da música e da danza. Deste xeito, na súa representación aberta ao público no mes de marzo, puídose redescubrir un Frankenstein, unha Medea o mesmo ao Mito de Sísifo a través de novas linguaxes e con resultados sorprendentes.
Debido a que a súa representación tivo que facerse limitada en número de asistentes, pola situación da pandemia nese intre, agora ofrecémosvos a posibilidade de poder gozalas a través das gravacións que se fixeron das pezas. A primeira emisión será Clásicas desfeitas Volume I, o 1 de maio: seguiralle Clásicas desfeitas Volume II, o 8 de maio; e pechará Clásicas desfeitas Volume III, que se emitirá o 15 de maio. Pódense ver en aberto na canle de Youtube da Cidade da Cultura ata o día 30.
Volume I
Prometeo | Fausto | Frankenstein
Compañía: Colectico Nononon.
Artistas: José Faro, Xacobo Castro, Lucía Estévez,
Laura Iturralde e Montse Piñeiro
Galería de fotos do día da representación
Vídeo completo da peza | Emisión 1 de maio
Volume II
Phármakon [Antígona, Medea, As Bacantes]
Composición e dirección: Pablo Seoane
Músicos: María José Pámpano (viola), Benxamín Otero
(corno inglés e óboe)
Intérpretes: Raquel Hernández e Artús Rei
Escenografía e iluminación: Laura Iturralde
Vestiario: Marte Martinka
Galería de fotos do día representación
Vídeo completo da peza | Emisión 8 de maio
Volume III
Orlando | A consagración da primavera | O mito de Sísifo
Artistas: Cristina Balboa, Sabela Domínguez, Verónica
Moar, Julia Laport, Manuel Lago, Jas Processor,
Andrea Quintana e Paula Quintas
Inspirado nos textos e dramaturxia de: Gena Baamonde,
Rut Balbís e Manuel Lago
Iluminación: Afonso Castro
Galería de fotos do día da representación
Vídeo completo da peza | Emisión 15 de maio