Despedir 2020 coas exposicións do Gaiás

Plans nos que mereza a pena espremer os últimos días de 2020? As exposicións do Museo Centro Gaiás** non vos van defraudar, ademais todas continúan no 2021 e podedes visitalas por libre, de balde e sen necesidade de inscrición, que só é necesaria para afondar nelas a través de visitas comentadas con guía do noso Servizo de Educación, Mediación e Atención ao visitante de la Cidade da Cultura.
 
Pero, ollo! algunhas só nos primeiros días, así que tamén tirade proveito para darlle a benvida ao novo ano saldando débedas con esas mostras imperdibles da Cidade da Cultura que non hai que deixar de ver para:
 
  1. Viaxar a filmes inesquecibles que conseguen unir a cativada de diferentes xeracións en Cinema e emocións | Remata o 10 de xaneiro!
  2. Constatar canto supuxo para a Galicia que hoxe coñecemos as achegas renovadoras e internacionalistas da xeración Nós en Galicia, de Nós a nós | Remata o 17 de xaneiro!
  1. Admirar en As miradas de Isaac a inesgostable creatividade dunha figura irrepetible da cultura galega como foi Díaz Pardo
  2. Reflexionar en A distancia da imaxe sobre a experiencia do Camiño a través das testemuñas sonoras e visuais dos propios peregrinos e peregrinas
  3. Abraiarse en Pobre Asunción! sobre o machismo e a normalización de violencia contra as mulleres en medios de comunicación, sentenzas xudiciais ou literatura nun percorrido a un pasado non tan afastado
  4. Lembrar e recuperar en Lugín en Compostela a vida da capital de Galicia de finais do século XIX, que tan ben retratou Pérez Lugín en La casa de Troya 

 
Máis información desta programación e de toda a actual na Cidade da Cultura (Museo Centro Gaiás, Torres Hejduk e Biblioteca e Arquivo de Galicia) en cidadedacultura.gal/gl

 

[** O Museo Centro Gaiás estará aberto o 31 ata as 15 horas e o festivo do 1 de xaneiro permanecerá pechado ]

Santiago de Compostela, 29 de Decembro de 2020