Obxectos para sobrevivir nun futuro distópico imaxinados a través da arte surrealista

Anthony Dunne e Fiona Raby, a través da súa serie "Deseños para un planeta superpoboado: os Recadadores (2009)", chaman a atención sobre problemas globais como a escaseza de alimentos deseñando hipotéticas próteses para dixerir algas, raíces ou follas, que "externalicen" mecanismos gastrointestinais humanos. Con estes obxectos de apariencia a un tempo inofensiva e desacougante interpélannos sobre as implicacións sociais, culturais e éticas das tecnoloxías emerxentes.

Agora mesmo podes ver o seu traballo no Museo Gaiás en «Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño 1924-2020», unha exposición que explora unha das relacións máis significativas e fértiles entre arte e deseño dos últimos cen anos nun percorrido por máis de 280 obras asinadas por nomes como Man Ray, Giorgio de Chirico, Le Corbusier, Salvador Dalí, Meret Oppenheim, Leonor Fini, Ray Eames, Carlo Mollino ou Gae Aulenti.

Bule a visitala na Cidade da Cultura ata o 28 de agosto de 2022! 

Santiago de Compostela, 10 de Agosto de 2022