Cantina


                          MEDIDAS DE SEGURIDADE POLA COVID-19

O consumo dentro do local unicamente poderá realizarse sentado en mesa, ou agrupacións de mesas, e preferentemente mediante reserva previa. En ningún caso admitirase o autoservizo en barra por parte do cliente. Así mesmo, estará permitido o encargo no propio establecemento de comida e bebida para levar.

Poderanse ofrecer produtos de libre servizo, xa sexan frescos ou elaborados con anticipación, para libre disposición dos clientes sempre que sexa asistido con pantalla de protección, a través de empratados individuais e/ou monodosis debidamente preservadas do contacto co ambiente.

Deberá asegurarse o mantemento da debida distancia física de dous metros entre as mesas ou, no seu caso, agrupacións de mesas. A mesa ou agrupación de mesas que se utilicen para este fin, deberán ser acordes ao número de persoas, permitindo que se respecten a distancia mínima de seguridade interpersoal.

Na prestación do servizo nos locais de hostalería e restauración deberán respectarse as seguintes medidas de hixiene e prevención:

a) Limpeza e desinfección do equipamento, en particular mesas, cadeiras, así como calquera outra superficie de contacto, entre un cliente e outro. Así mesmo, deberase proceder á limpeza e desinfección do local polo menos unha vez ao día.

b) Priorizarase a utilización de mantelerías dun só uso. No caso de que isto non fose posible, debe evitarse o uso da mesma mantelería ou gardamanteis con distintos clientes, optando por materiais e solucións que faciliten o seu cambio entre servizos e o seu lavado mecánico en ciclos de lavado entre 60 e 90 graos centígrados.

c) Deberase poñer ao dispor do público dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade virucida autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade, en todo caso na entrada do establecemento ou local e á saída dos baños, que deberán estar sempre en condicións de uso.

d) Evitarase o emprego de cartas de uso común, optando polo uso de dispositivos electrónicos propios, tabletas, carteis ou outros medios similares.

e) Os elementos auxiliares do servizo, como a vaixela, cristalería, xogo de cubertos ou mantelería, entre outros, almacenaranse en recintos pechados e, se isto non fose posible, lonxe de zonas de paso de clientes e traballadores.

f) Eliminaranse produtos de autoservizo como servilleteros, palilleiros, vinagreiras, aceiteiras, e outros utensilios similares, priorizando monodoses desbotables ou o seu servizo noutros formatos baixo petición do cliente.

g) Establecerase no local un itinerario para evitar aglomeracións en determinadas zonas e previr o contacto entre clientes.

h) O uso dos aseos estea permitido por clientes, visitantes ou usuarios, a súa ocupación máxima será dunha persoa, salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia, nese caso tamén se permitirá a utilización polo seu acompañante. Deberá reforzarse a limpeza e desinfección dos referidos aseos garantindo sempre o estado de salubridade e hixiene dos mesmos.

i) O persoal traballador que realice o servizo en mesa deberá garantir a distancia de seguridade co cliente e aplicar os procedementos de hixiene e prevención necesarios para evitar o risco de contaxio.

                                                                    A CANTINA


Unha taberna característica do rural galego trasladada a este moderno e espectacular complexo. Esta é a proposta que o estudo Nómada aplicou na Cantina, que recibiu o máximo galardón nos prestixiosos Restaurant & Bar Design Awards co que se recoñece ao restaurante mellor deseñado en todo o mundo.

Cunha linguaxe contemporánea pero partindo da cultura popular galega, a Cantina dispón de mesas alongadas e en paralelo baixo unhas árbores esquemáticas que evocan as romarías á sombra das carballeiras.

Un longo mostrador que atravesa a parede serve e anexa dous espazos: cafetería e comedor, impoñéndose a cor xeométrica e desinhibida usada tradicionalmente nas manifestacións artísticas populares galegas.

Ademais de servizo de cafetería en horario ininterrompido, a Cantina conta con carta de comidas e un completo menú do día.