Annette Gigon / Mike Guyer

Graduados en 1984 polo Instituto Federal de Tecnoloxía de Zúric, realizan diversos proxectos por separado antes da creación do seu estudio conxunto en 1989.

Entre as súas obras, sobrancean o Museo Kirchner de Davos, o Centro Deportivo de Davos, a ampliación do Museo de Arte de Winterthur ou o Museo e Parque de Kalkriese.

Gigon / Guyer [www]

 

Proposta para a Cidade da Cultura

 

Catro edificios –orientados cada un deles cara a un dos catro puntos cardinais- definen o espazo do cumio do Monte Gaiás, unha praza enorme en termos urbanísticos, pero simplemente un extenso plano no contexto da paisaxe circundante. Os edificios marcan o espazo, en vez de delimitalo, os elementos que o definen están na topografía, a vista ao oeste cara á cidade e a vista ao leste cara á paisaxe, creada con xardíns e pequenos parques.

Os edificios son prismas simples, moldeados especificamente polas súas diferentes funcións e a súa posición no terreo. Comparten o feito de que son todos volumes rectangulares, que todos conteñen patios e que están feitos de pedra.

Os edificios están construídos en capas de pedra, colocadas en fieiras. Úsanse varios tipos de pedra galega así como pedra importada, nalgúns casos illada ou, se cadra, de maneira máis contemporánea, colocada en capas usando formigón mesturado con areas finas, grosas e de cor en estratos alternos.

De entrada, a paisaxe agrícola sería respectada en termos xerais; á luz de que o seu uso agrícola non estaría aegurado no futuro, desenvolveríase un concepto flexible de elementos implantados de xardíns e parques. Así, a paisaxe agrícola, subdividida, serviría como base estrutural para calquera futura intervención na paisaxe ou nos xardíns.