Ponse en marcha unha nova liña de buses para a Cidade da Cultura

Dende esta semana temos servizo específico de buses que une o casco urbano de Santiago de Compostela coa Cidade da Cultura, un transporte que conta con cinco frecuencias diarias en cada dirección.

A saída no casco urbano da nova liña "Cidade da Cultura-Gaiás" está situada na dársena de autobuses de Xoán XXIII, e, no percorrido de ida, os buses fan paradas en San Roque, na Porta do Camiño, no Cruceiro de San Pedro, en Concheiros, en Fontiñas e no Multiusos do Sar antes de chegar á Cidade da Cultura. Saen de Xoán XXIII ás 11:00, 13:00, 15:00, 18:00 e 20:00 horas.

O itinerario de volta dende o Gaiás é o seguinte: Cidade da Cultura, Multiusos, Fontiñas, Avenida de Lugo, Concheiros, Rosario, Bonaval, San Roque e Xoán XXIII. Neste caso, as saídas do Gaiás son ás 11:30, 13:30, 15:30, 18:30 e 20:30 horas.

A liña adaptarase tamén ás actividades culturais do complexo: haberá un servizo ás 23:15 horas os xoves, venres e sábados ata o 10 de setembro e lanzadeiras para eventos especiales.

O prezo do billete para os usuarios da nova liña “Cidade da Cultura-Gaiás” é o mesmo que o dos autobuses urbanos do Concello de Santiago, e os que teñades bonos podedes usalos coas mesmas condicións.

Xa non tes excusa para non achegarte ao Gaiás!

Visitas e Accións divulgativas
Santiago de Compostela, 05 de Agosto de 2011 a Santiago de Compostela, 06 de Setembro de 2012