Díaz Pardo en primeira persoa

O mesmo Díaz Pardo contándoche en primeira persoa toda a súa fascinante vida e proxectos: Sargadelos, o Laboratorio de Formas, Ediciós do Castro, o Instituto Galego de Información ou o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside !
 
Este privilexio de viaxe autobiográfica é o que che agarda en As miradas de Isaac, exposición homenaxe da Xunta de Galicia, que conta cun espazo central vertebrador, no que se proxecta esta peza audiovisual de creación, dirixida pola fotógrafa, xornalista cultural e tamén neta de Díaz Pardo, Cecilia Díaz Betz, en colaboración co realizador Jordi Cussó.
 
Unha achega radicalmente diferente para reivindicar e lembrar unha figura irrepetible, máis acorde coa súa propia visión vangardista, coa que se quere revivir o seu universo e o seu espírito sempre aberto, tanxencial e polifacético. Premede no vídeo! bit.ly/AsmiradasdeIsaac
 
Mostra aberta de martes a domingo, de 10 a 20 horas. De balde e sen necesidade de inscrición. Só é necesario facer reserva para as visitas comentadas
Santiago de Compostela, 09 de Decembro de 2020