Cóntame un conto

Durante os meses de exposición da mostra Camilo José Cela 1916-2016. O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade, a Cidade da Cultura puxo en marcha un programa didáctico no que escolares de toda Galicia, ademais de facer unha visita, podían participar no obradoiro de creación literaria Cóntame un conto. Da man do departamento de didácticas, os participantes achegáronse a ferramentas básicas para diferentes procesos, creación de personaxes, estrutura narrativa... De entre todos, queremos compartir este relato realizado polos rapaces do Club de Lectura de Noia.

Cóntame un conto. Club de lectura de Noia

Luz converteuse en pantasma fai un século, alo polo 1917, cando ainda era una nena, dende entón vive nun inframundo chamado Gótica rodeado de espectros coma ela.

Non lle gusta estára¡ alí e por iso leva moito tempo cavilando como pode facer para escapar.

O Señor do Inframundo é a pantasma mais poderosa de toda Gótica. É poderosa porque coñece todos os trucos e feitizos, aprendeunos todos a través do Libro dos Diaños.

Aproveitando un descoido Luz consegue arrincar una páxina do libro na que explicase cómo crear un portal que lle permita escapar de ali e voltar ao mundo dos vivos.

O día que consegue activar ese portal ten tan mala sorte que no canto de poder sair ela, cae dentro do inframundo un rapaz chamado Lucas. Luz ó principio alporizase moitisimo, pero cando cae na conta de que Lucas está moi asustado comeza a sentir compaixón por el. 

Pouco a pouco van trabando amizade e sorteando os perigos do inframundo, o feitizo para abrir a porta entre os dous mundos so se pode empregar nunha data concreta así que durante este tempo Luz deixa de ser un ser resentido é escuro e vaise facendo mais alegre e sorinte.

Cando ese día por fin chega caen na conta de que é imposible que os dous crucen o portal ó tempo, sentindose culpable, Luz obriga a Lucas a marchar. Así o rapaz consegue voltar cos seus seres queridos e Luz resignase a quedar eternamente en Gótica. 

Pero a sua alma é tan bondadosa agora que se sacrificou a sua oportunidade por devolver a Lucas a sua casa que é posible que non quede para sempre no inframundo.

 

Exposicións & Intervencións
Santiago de Compostela, 21 de Febreiro de 2017