Gallardete de Lepanto, o símbolo da victoria cristiá sobre o Imperio otomano

Xunto coa figura do Apóstolo Santiago, a súa vida e milagres; a exposición Camiño. A orixe conta con pezas que narran a lenda do Santiago guerreiro, da figura do Santiago cabaleiro utilizado desde a Reconquista para dar forma á indentidade nacional ata convertirse no Patrón de España.

Entre retratos de cabaleiros da Orde de Santiago, pinturas e armas de guerra destaca especialmente o coñecido como Gallardete de Lepanto, o estandarte que ondeaba na nave capitá dirixida por don Juan de Astria no famoso combate naval que tivo lugar o 7 de outubro de 1571 que enfrentou á armada do Imperio Otomano contra a dunha coalición cristiana denominada Liga Santa, formada polo Reino de España, os Estados Pontificios, a República de Venecia, a Orde de Malta, a República de Xénova e o Ducado de Saboya. Os cristianos, baixo a protección de Santiago Apóstolo, resultaron vencedores, freando así o expansionismo turco polo Mediterráneo.

En sinal de agradecemento pola axuda recibida do Patrón de España, don Juan de Austria enviou a Compostela unha serie de pezas a modo de ofrenda: insignias, estandartes militares, pendóns, armas, armadoras… O coñecido como Gallardate de Lepanto, exposto por primeira vez na súa totalidade no segundo andar do Museo Centro Gaiás, sería o único destes obxectos que chegou aos nosos días.

O gallardete ten uns 17 metros e medio de longo, é de tecido de liño e está decorado con témpera con coloristas escenas e brasóns, así como as armas das nacións que entraron na Liga Santa. Na parte superior do gallardete represéntase, sobre un fondo de tres franxas –vermella, ouro e azul- un calvario, un trono de graza, e o león de San Marcos (Venecia), o brasón imperial da Casa de Austria, o grifo (Xénova), as imaxes de San Xoán Evanxelista, Santiago ataviado como peregrino e San Xoán Bautista, o escudo de Castela e o da Casa de Saboya. Próximo ao remate da peza, chégase a apreciar a existencia dun cartel que non foi posible transcribir, pero que probablemente fose o NON PLUS ULTRA que aparecía, por exemplo, ao final do Estandarte do Emperador Carlos V.

 
Exposicións & Intervencións
Santiago de Compostela, 28 de Abril de 2015
 

Cultura

  • (1)