A feira das industrias de Galicia, Culturgal, cumpre dez anos e a Cidade da Cultura de Galicia estará presente neste edición tan especial cunha presenza tamén especial: dándovos a coñecer polo miúdo a nosa programación cultural máis inminente.
Así que collede a vosa entrada e acudide, do 1 ao 3 de decembro, ao Pazo da Cultura de Pontevedra para a descuberta das propostas que temos argalladas no Gaiás e que formarán parte da vosa axenda cultural desde xa:
Nadal no Gaiás. Presentación o domingo 3 de decembro, a partir das 12.45 horas. No Espazo Infantil. Este ano a programación contará con mostras, campamentos e espectáculos ao redor do mundo circense. Deste xeito, no Culturgal poderedes ver, gozar e incluso subirvos á cebra mecánica- balancín, unha das abraiantes pezas que forman parte da exposición sobre escenografías dos circos de inverno 'Fantasía de Nadal'. Ademais, poderedes participar nun dos obradoiros sobre disciplinas circenses, a modo de exemplo dos que se impartirán nesas datas de vacacións escolares na Cidade da Cultura.




