Medidas especiais pola situación sanitaria

Como consecuencia das novas restricións sanitarias reguladas pola Orde do 21 de outubro de 2020 da Consellería de Sanidade (DOG núm 12-2 Bis do 21.10.2020) pola que se establecen medidas de prevención específicas durante alomenos os vindeiros 14 días por mor da evolución da situación epidemiolóxica derivada da covid-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia informa:

➖ O número máximo de persoas que poden acudir ás visitas comentadas será de cinco (5), co guía incluído/a.

➖ O número máximo de persoas en actividades previstas no andar -1 do Museo Centro Gaiás e no auditorio do CINC será de 30 persoas.

➖ A Cantina e o servizo de restauración do Museo Centro Gaiás permanecerán pechados.

➖ Os eventos de programación externa na Cidade da Cultura de Galicia deberán ter en conta a limitación de capacidade desta nova orde, entre a que se inlcúe que para actividades presenciais non está permitido que se supere o 50 por cento da capacidade do espazo reservado, mantendo sempre a distancia de seguridade entre os e as participantes de 1, 5 metros . Para calquera dúbida sobre como estas novas restricións afectan a reserva de espazos, dirixirse a eventos@cidadedacultura.org

Santiago de Compostela, 22 de Outubro de 2020