Do Cairo a Celanova: as outras rutas xacobeas

Coñecemos o Camiño Primitivo, o do Norte, o da Vía da Prata… e, por suposto, o Francés. Milleiros de peregrinos chegan cada ano a Compostela a través destas rutas históricas nadas orixinariamente como vehículo de culto e que, co paso dos séculos, abriu o camiño para contactos culturais, artísticos, ideolóxicos… e comerciais.

O Camiño de Santiago trouxo consigo a chegada a España de diversos grupos de artesáns e mercaderes e, en consecuencia, novas formas de traballar e novidosos materiais chegados dos confíns da Terra como o marfil, o acibeche ou o alabastro. Así pode verse na exposición Camiño. A orixe do Museo Centro Gaiás, que recolle unha ampla mostra da introducción e utilización de novos materiais, materiais ricos e nobles, que pasaron a engrosar os tesouros e as reliquias de igrexas e catedrais. De entre todas as mostras, destacan, por únicas e sorprendentes, as oito pezas de xadrez talladas en cristal de rocha atribuidas a San Rosendo, bispo de Mondoñedo, fundador e abade de Celanova, fabricadas no século X no Cairo e chegadas a Galicia froito do comercio co Exipto fatimí. 

Son pezas raras e singulares aínda que non únicas, por existir outras parecidas en San millán de la Cogolla, o Museo Diocesano de Lleida ou o árabe de Berlín. Todos os estudos son concordes en avalar a importancia, rareza, cronoloxía e procedencia destes escaques de cristal de rocha, hoxe conservados no Museo da Catedral de Ourense e que o visitante á exposición Camiño. A orixe pode contemplar no segundo andar do Museo Centro Gaiás na parte dedicada ao Camiño

 

Exposicións & Intervencións
Santiago de Compostela, 21 de Xullo de 2015