Dinamitando o concepto de fogar | Os brancos segredos do seu ventre

«Haus», de Román Signer (Appenzell, Suiza, 1938) | Recreación de metal dunha casa na exposición «Os brancos segredos do seu ventre», na Cidade da Cultura de Galicia.

Asegura Bea Espejo —comisaria da mostra no Museo Centro Gaiás— que hai unha explosión escondida en cada un dos traballos do artista suízo:nas imaxes que acompañan a instalación reprodúcese literalmente unha!! Pero, tamén, unha mestura de absurdo, melancolía e inocencia sarcástica.
 
Velaquí unha exaltación do efémero como unha forma de tempo intrigante, a que leva a este artista para traballar trastornando leis e comportamentos, dinamitando todas esas ideas establecidas asociadas ao que damos por feito, neste caso, a idea de casa como refuxio, que sen dúbida colleu outra dimensión mental tras este ano de pandemia.
 
Vinde coñecer ao Gaiás as intrahistorias das 53 pezas que conforman a selección cromática que Bea Espejo realizou dos fondos da Fundacion Rac - Rosón Arte Contempáraneo,  unha das coleccións privadas máis importantes de España, Premio Arte e Mecenado da Obra Social La Caixa e declarada Ben de Interese Cultural (BIC) pola Xunta de Galicia

➖ Información de interese!! Aberta de martes a domingo, con horario ininterrompido de 10 a 20 horas. Entrada libre e de balde, sen necesidade de reserva. Só é preciso inscrición se desexades coñecer a mostra acompañados do persoal de guías nunha visita comentada
Santiago de Compostela, 27 de Abril de 2021