O Arquivo de Galicia pon en valor os seus fondos nunha nova exposición

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou hoxe na Cidade da Cultura a exposición Arquivo de Galicia. O noso patrimonio, unha mostra coa que se conmemora o Día Mundial dos Arquivos. O conselleiro afirmou que con esta intervención “preténdese conseguir que o público sexa consciente da necesidade de conservar estes centros a longo prazo, facilitar o seu acceso e mostrar documentos únicos e extraordinarios”.

Vázquez Abad explicou que a exposición que se inaugurou hoxe na Biblioteca e Arquivo de Galicia, e que poderá visitarse ata o 12 de agosto, está composta por algúns dos documentos máis orixinais que se custodian neste centro, tanto de orixe pública como privada. “O obxectivo é poñer de manifesto o papel dos arquivos como instrumentos esenciais para a xestión, investigación e difusión do patrimonio documental”, engadiu.

O conselleiro asegurou que esta mostra e a todas as actividades que se organizan durante o día de hoxe nos arquivos dependentes da Consellería servirán para mostra á cidadanía que estes centros “son testemuño do desenvolvemento económico, político, social e cultural da nosa sociedade, forman parte do noso patrimonio cultural e que son fontes de información de incalculable valor”. Por este motivo, o conselleiro apostou por “continuar traballando xuntos en conservar, poñer en valor e difundir todos os tesouros que os arquivos custodian”.

Ao acto tamén asistiu o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño.

Documentos únicos

A exposición do Arquivo de Galicia, o noso Patrimonio está formada por diferentes clases de documentos textuais, fotográficos e cartográficos organizados en torno a oito bloque temáticos: As Institucións; As Infraestruturas; A Ordenación do Territorio; A Educación; A Cultura; O Deporte; A Sanidade; e A Economía.

Entre os moitos documentos que compoñen a mostra, podemos destacar os escritos procedentes de arquivos familiares que ilustran os cambios políticos e administrativos do século XIX; ou o proxecto de construción máis antigo dunha estrada que custodia o arquivo, a vía que une Boimorto e Muros, realizado en 1895. Tamén é moi interesante o discurso inaugural do curso académico 1909 – 1910 da Universidade de Santiago de Compostela; planos e debuxos das escavacións realizadas na Catedral de Santiago nos anos 60; ou un curiosos manuscrito do século XIX que recolle remedios para o tratamento do cólera e a sífilis.

Xornada de portas abertas

A programación con motivo deste día internacional non se reduce tan só a esta exposición, posto que todos os centros arquivísticos dependentes da Consellería de Cultura e Educación ofrecerán unha xornada de portas abertas, realizarán visitas guiadas as súas instalacións e celebrarán numerosas actividades.

O Arquivo do Reino de Galicia, na cidade da Coruña, organiza talleres de encadernación e formación de investigadores, tanto para os máis cativos como para os maiores. No Arquivo Provincial de Pontevedra poderá visitarse a exposición Documentación sobre os montes na provincia de Pontevedra do século XVIII ao XX

Pola súa banda, o Arquivo Provincial de Ourense exporá a mostra Padre Benito Gerónimo Feijóo, unha figura do que este ano se conmemoran os 250 anos do seu pasamento. O Arquivo Histórico Provincial de Lugo inaugurará a exposición Patrimonio Documentado: a protección e intervención nos bens culturais a través dos documentos dos arquivos.

Exposicións & Intervencións
Santiago de Compostela, 09 de Xuño de 2014

Comentarios

How can we create healthy neighborhoods in densely populated urban areas Conversely how can people in sparsely populated rural areas feel connected to one another The Master PlanPublic Health and Policy Lecture his lecture explores the realm of public health.million per mm or L Segs polys Hct M Lymphs F Eos Hgb M gdL Baso F gdL Mono Platelets mm or L FIVE SHORT CLINICAL CASES no prescription kamagra oral jelly usa As well as counteracting cancers they are used against autoimmune disorders both for diagnosis and in research.Clinical depression is considered a medical disorder.Brain death criteria vary from country to country but they may include irreversible coma lack of certain reflexes based in the brainstem see below the absence of unassisted breathing or responsive movements and lack of significant electrical activity as shown by the EEG trace.Annual Review of PsychologyColic is often worse in the evening. cialis without a, prescription .Genet.Historically the term was applied to drug treatment for a variety of diseases.At that point the cause was unknown. healthy man cialis Saunders also extended the pain concept to total pain which included emotional psychological and spiritual as well as physical sensations.Increased cardiac output heart rate and stroke volume b. worldwide pharmacy kamagra Particular miRNA signatures are also present in the blood of GBM patients vary with treatment and might be useful for monitoring recurrenceThose epigenetic mechanisms are not something that are only active in the first few years of life. viagra prescription cost Vertigo refers to a disturbance of the vestibular system characterized by a sensa tion of spinning or hallucination of movement.