Restaurante-cafetería no Museo Gaiás

Na Cidade da Cultura contades desde este mércores, 15 de xaneiro, cun novo espazo de restauración, situado no Museo Gaiás, para atender o incremento de traballadores e visitantes ao complexo. Este novo servizo de restaurante-cafetería súmase aos actuais de: A Cantina do Gaiás [situada no edificio do Centro de Emprendemento] e a cafetería O Roupeiro [no edificio CINC]. Ademais, dispón de dúas terrazas: unha exterior e outra interior, situada no Hall de Tirantes do propio museo.

Informámosvos de que o servizo de cociña de A Cantina do Gaiás non estará operativo entre o 15 de xaneiro e o 3 de febreiro. As comidas ofreceranse, durante este tempo, na nova cafetería do Museo. A razón é que se levarán a cabo traballos para instalar un autoservizo. 

  • Aberto de luns a domingo 
  • Horario de 8:00 a 20:00 horas no andar 0 do Museo Centro Gaiás
 
Santiago de Compostela, 14 de Xaneiro de 2020