Biblioteca e Arquivo de Galicia

Ante as últimas medidas de seguridade sanitarias pola covid-19, provocan que:

➖ As instalacións da Biblioteca de Galicia están abertas ao público cos servizos e horario habituais -de 9 a 21 horas, de luns a domingo.

➖ A capacidade estará limitada a un 50% da habitual, o que na sala de lectura supón que estarán habilitados 45 postos.

➖ O persoal da Bilioteca de Galicia segue a traballar normalmente para ofrecer tamén os  seus servizos dixitais a través da páxina web bibliotecadegalicia.xunta.gal e Galiciana. Ademais, lembra aos seus usuarios e usuarias que teñen ao seu dispor os teléfonos 981 545 070 / 981 545 963 e o enderezo electrónico: bibliotecadegalicia@xunta.gal para dúbidas ao respecto dos servizos en liña activos.

➖ O Arquivo de Galicia mantén inicialmente a atención telemática, reservando a atención presencial para casos imprescindibles e baixo cita previa contactando en: arquivogalicia@xunta.gal ou no teléfono 881999661.

                                                      A BIBLIOTECA E ARQUIVO DE GALICIA

O edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia alberga estas dúas institucións independentes.

Cabeceira do sistema de bibliotecas galegas e do patrimonio documental da nosa comunidade, a Biblioteca de Galicia reúne, conserva e difunde todo o patrimonio bibliográfico da comunidade e facilita o seu acceso, xa sexa de forma presencial ou virtual. Peza clave para as actividades culturais relacionadas co libro, a lectura e as bibliotecas, a difusión da cultura galega é un dos grandes obxectivos desta institución. Ademais, funciona como depósito legal de todas as publicacións editadas en Galicia, das que se deposita unha copia nas súas instalación.

O legado cultural deixado por Isaac Díaz Pardo, obras e gravados de Seoane, a biblioteca de Basilio Losada, as obras de Carlos Casares ou a más completa cartografía de Galicia forman xa parte duns fondos abertos a todos os cidadáns.

O Arquivo de Galicia, como cabeceira e de referencia do sistema de arquivos da comunidade, a súa misión é a de recibir, custodiar e poñer a disposición dos cidadáns todos aqueles documentos públicos ou privados en calquera tipo de formato que, polo seu valor, precisen ser conservados. Ademais, o Arquivo de Galicia custodia os documentos emanados das actividades da Xunta de Galicia e os seus órganos dependentes, asegurando o seu acceso aos cidadáns.

Cunha ampla sala de lectura, unha potente rede wifi e un servizo de consulta dixital, a Biblioteca e Arquivo de Galicia ábrese aos usuarios como zona de estudo pero tamén como lugar para acoller diferentes eventos: desde concertos a proxeccións audiovisuais ou obradoiros. Unha función que se complementa co auditorio do que dispón o edificio, cunha capacidade para 120 persoas.