Clásicas desfeitas | O chibo expiatorio feito arte

Que poden ter en común Antígona de Sófocles e Medea e As Bacantes de Eurípides? A residencia creativa Clásicas desfeitas? Fixo o achado e amosouno hoxe nunha proposta colectiva con música e arte en movemento

Baixo a dirección do pianista e compositor Pablo Seoane, un equipo escénico soberbio levou á escena Phármakon, cuxo significado primeiro, antes que veleno ou medicina, é chibo expiatorio. E ese fío condutor guionizou unha proposta global, na que participaron María José Pámpano, á viola; e Benxamín Otero, no corno inglés e no óboe. A interpretación estivo a cargo de Raquel Fernández e de Artús Rei e a escenografía levouna Laura Iturralde.
 
«Volume II de Clásicas desfeitas», ciclo coproducido pola Cidade da Cultura de Galicia e o CDG - Salón Teatro , enmarcado dentro das Residencias artísticas do Gaiás (REGA)
Música & Escena
Santiago de Compostela, 23 de Marzo de 2021