O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe no Museo Gaiás na apertura da exposición Ser Noutras, que exhibe na Cidade da Cultura máis dunha trintena de obras galegas pertencentes á colección do Museo Reina Sofía, que dialogan co traballo dunha vintena de creadoras galegas que realizaron unha peza inédita ou presentaron unha obra xa existente para este proxecto.
A exposición do Museo Centro Gaiás Ser Noutras exhibirá unha instalación espacial inédita, asinada pola artista visual, directora de escena, dramaturga e escenógrafa Marta Pazos, e concibida como o escenario que acolle todas as obras que a compoñen. A mostra, que abre as portas na Cidade da Cultura o vindeiro venres 30 de outubro, artéllase a través de 18 diálogos entre artistas galegos da colección do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e outras creadoras contemporáneas que están a realizar ata 15 obras e instalacións de xeito específico para este proxecto.
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou esta mañá no Museo Gaiás na apertura da exposición Outro e sobre si, do artista compostelán Andrés Rodís.
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude programa na Cidade da Cultura o sábado 17 de outubro Brutalismo. Unha danza para concerto, un espectáculo de artes vivas co que o artista andaluz Isabel do Diego pecha sete anos de investigación e experimentación entre o folclore e a electrónica.
A Xunta de Galicia e a Asociación Galega para a Axuda das Persoas con Demencia Tipo Alzhéimer, Agadea, colaboran na organización de CoiDándonos, unha exposición na que as artistas son as persoas con deterioro cognitivo e as súas familias coidadoras. A mostra abrirá esta tarde ao público no Museo Gaiás e poderá visitarse ata o vindeiro 25 de outubro.




