A Cidade da Cultura ábrelles as portas a todas e todos os cidadáns que a desexen coñecer. As persoas visitantes poderán acceder libremente aos espazos e percorrer os exteriores da Cidade da Cultura: desde as Torres Hejduk ata a praza central e os seus emblemáticos edificios. Ademais, o Gaiás dispón de programas de visitas guiadas para coñecer máis de preto este proxecto arquitectónico.
Apertura ao público do recinto
Horario xeral
De luns a domingo | 8:00 - 23:00 | Permítese o acceso en vehículo privado.
Aviso:
Os días 15 e 16 de setembro de 2023, con motivo da Reunión informal ministerial de Asuntos Económicos e Financeiros da UE, só se permitirá o acceso ao complexo ao persoal acreditado. Consulta toda a información AQUÍ.
Punto de Información e Atención ao Público
Museo Centro Gaiás, mostrador de entrada
Luns a domingo | 10:00 - 20:00 h
Contacto: 881 997 584 / o.informacion@cidadedacultura.org
Luns a domingo | 10:00 - 20:00h
IMPORTANTE: As exposicións permanecen pechadas os luns
HORARIOS NADAL: 24 e 31 de decembro, aberto ata as 15:00h | 25 de decembro e 1 de xaneiro, pechado
Luns a domingo | 10:00 - 20:00
Biblioteca e Arquivo de Galicia
Sala de lectura: luns a domingo, de 09:00 a 21:00 h (excepto 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro: PECHADA).
Consulta de usuarios e investigadores: luns a venres, de 09:00 a 17:00 h (en agosto só ata as 15h).
Visita ás exposicións organizadas polo Arquivo e Biblioteca de Galicia: luns a domingo, de 09:00 a 21:00 horas.
Chegar ao Gaiás a pé
— Descarga aquí o plano de acceso e subida ao Gaiás a pé desde o centro da cidade.
— Descarga aquí o plano da senda natural recomendada por Turismo de Santiago.