Cine, debuxo e humor casan moi ben co empredemento. E así o demostra o Spin2016, que hoxe bota a andar cun programa de actividades culturais para que todos poidamos gozar do maior evento de emprendemento universitario de Iberoamérica.
Hoxe, ás 21:00 horas, teredes a oportunidade asistir ao Cinefórum Spin2016 no Teatro Principal. En colaboración con Curtocircuito, a partir das 21:00 horas, proxectarase o making of da longametraxe de ciencia ficción Rendezvous, de Román Santiago e Guillermo Julián. Cun coloquio posterior con Román Santiago.

