Con-fío en Galicia non só é moda. Senón todo un sector que colocou a Galicia no mapa: o téxtil. E un dos prodixios tecnolóxicos que xurdiu no noso país naceu en Vigo nos corenta. Falamos, como non, da máquina de coser Refrey.
Nada no barrio de Bouzas no ano 1948, a Refrey foi obra da saga empresarial dos Freire, recoñecidos industriais vigueses pola posta en marcha en 1895 do asteleiro Construcciones Navales Paulino Freire.

