Visitas comentadas | As miradas de Isaac

Descubre da man dos nosos guías un personaxe irrepetible como foi Isaac Díaz Pardo, quen abordou múltiples disciplinas, tanto as relativas ao mundo da arte, como ás do intelecto, ás técnicas ou ás industriais e sacou adiante importantes iniciativas que acadaron un salientable papel no conxunto da cultura galega do século XX. Unha mostra que procura, ademais, expresar a excelencia humana de Díaz Pardo, posiblemente o personaxe máis homenaxeado, admirado e querido da historia recente de Galicia.

Para aproximármonos ao seu polifacético universo (ceramista, pintor, deseñador, escritor, editor, empresario...) faredes un percorrido a través da preto de 500 pezas, entre obras de arte, obxectos diversos, fotografías, textos, murais, documentos e proxeccións distribuídos en dez seccións.

[Isaac no seu estudo do Castro, fotografado polo arquitecto Alessandro Caramellino]

A través destas visitas guiadas ides coñecer a a importancia do pai –Camilo Díaz Baliño– no desenvolvemento da súa personalidade; a infancia e mocidade compostelá na Rúa das Hortas, participando activamente a favor da campaña do si polo Estatuto de Autonomía de 1936; a faciana de pintor, que deixou unha profunda pegada en todas as súas realizacións; o seu contacto co exilio e o seu compromiso pola recuperación da memoria histórica de toda esta intelectualidade; o labor como escritor; os emprendementos empresariais, con Sargadelos como insignia das súas realizacións industriais; as iniciativas culturais e investigadoras, entre as que cabe destacar o Seminario de Sargadelos ou o Instituto de Galego de Información; o deseñador industrial que proxectou máquinas, porcelanas, mobles ou Ediciós do Castro; o editor imparable; e finalmente o recuperador –con Luis Seoane– da vangarda artística galega anterior á Guerra Civil, coa posta en marcha do Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside

Medidas de seguridade sanitaria poscovid-19

  • Obriga de vir con máscara de protección por parte das persoas asistentes.
  • Haberá xel hidroalcólico na entrada da exposición.
  • Manterase en todo momento a distancia de seguridade.
  • Deberán seguirse en todo momento as indicacións do persoal guía da visita.
 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas