Sabiamos que era o autor de La colmena, La familia de Pascual Duarte ou Madera de Boj. Que era o único Nobel galego. E que podíamos coñecer o seu legado na Fundación que el mesmo constituiu en Iria Flavia. Ao longo destes meses descubrimos, non obstante, ao Cela pintor, actor, editor, coleccionista… Múltiples caras dunha figura extraordinaria que coñecemos grazas á exposición Camilo José Cela 1916-2016. O centenario dun Nobel.
- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH

