Blog

 
Exposicións
Santiago de Compostela, 28 de Marzo de 2012

Unha viaxe de séculos dende a invención da imprenta por Gutenberg ata a edición dixital a través dunha historia única e persoal: a de Francisco Barros Cascalhar, máis coñecido como Chankecham, zapateiro de profesión e escritor de vocación que a partir dunha antiga prensa para a elaboración do viño publicou a súa obra. Este é o fío condutor de Do it yourself!

Comentarios0
Exposicións
Santiago de Compostela, 09 de Marzo de 2012

Un labirinto de arxila e papel, de tinta e escaiola, de silencio e memoria. Este é a nova proposta que ofrece o Arquivo de Galicia, que dende hoxe e ata o mes de xuño acolle a exposición Os ollos das palabras, un proxecto conxunto do escritor e pintor Baldo Ramos e o artista plástico Caxigueiro co que pretenden facerlle reflexionar ao público sobre o valor do libro máis alá do seu papel como espazo para albergar contidos. O libro como contedor de imaxes, de afectos e metáforas.

Comentarios0

Páxinas