Os exteriores da Cidade da Cultura e o Bosque de Galicia permanecerán abertos esta noite ata as dúas da madrugada para poder contemplar os Fogos do Apóstolo, que nesta ocasión se lanzarán desde oito localizacións diferentes de Santiago, entre elas o monte Gaiás.
A praza central, as faldras do Bosque de Galicia ou outros puntos do complexo, como o Parque da Balea, ofrecen unha boa visibilidade do ceo de Compostela, permitindo gozar do espectáculo respectando a distancia social.

