Unha lura xigante feita de cerámica nun estilo minuciosamente realista, guindada no chan do Museo Centro Gaiás e enchoupada en tinta negra, como se acabase de ser varada polo mar. Esta é a impactante peza de David Zink Yi (Lima, 1973) que forma parte da exposición «Os brancos segredos do seu ventre», unha coidada escolma cromática dos fondos da Fundacion Rac (Rosón Arte Contemporánea).
- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH

