Blog

 
Visitar
Santiago de Compostela, 06 de Abril de 2021 (All day), Santiago de Compostela, 11 de Abril de 2021 (All day)

A Consellería de Sanidade escolleu a Cidade da Cultura como un dos punto de vacinación contra a covid-19. Desde o pasado 6 de abril, a Sala Einsenman está a ser o espazo onde se convocan ás persoas que deben vacinarse. As novas convocatorias son para os días 23, 27 e 28 de abril. As persoas que teñan que acudir a esta cita deben ter en conta que deben facer uso das entradas/aparcamentos 1 e 2 do complexo Gaiás, que lles facilita a chegada directa ao punto da vacinación.

Comentarios0
Santiago de Compostela, 07 de Abril de 2021

Unha lura xigante feita de cerámica nun estilo minuciosamente realista, guindada no chan do Museo Centro Gaiás e enchoupada en tinta negra, como se acabase de ser varada polo mar. Esta é a impactante peza de David Zink Yi (Lima, 1973) que forma parte da exposición «Os brancos segredos do seu ventre», unha coidada escolma cromática dos fondos da Fundacion Rac (Rosón Arte Contemporánea).

Comentarios0

Páxinas