Rocódromo do Xardín do Teatro

O Xardín do Teatro da Cidade da Cultura conta cun rocódromo para vir practicar este tipo de escalada urbana dentro deste novo xardín de 11.574 metros cadrados, que conta con especies botánicas procedentes de diferentes partes do mundo,  ademais dun auditorio ao aire libre, estanques e áreas de lecer para gozar do deporte e da natureza.

O rocódromo está localizado nesta nova área verde, que inclúe 3.840 plantas e 187 árbores de 30 especies procedentes de zonas con clima oceánico e temperado, de países como O Xapón, Nova Zelandia, a costa noroeste dos Estados Unidos ou a costa sur de Chile. Ademais, conta con tres estanques, un anfiteatro ao aire libre con capacidade para preto de 400 persoas, áreas de xogos, equipamento para deportes urbanos tanto para a escalada, como este rocódromo, como para o skate, así como 400 metros de sendeiros e puntos de descanso.

A INSTALACIÓN


O Rocódromo da Fundación Cidade da Cultura de Galicia é unha estrutura artificial que se asemella á roca e dispón de diferentes graos de dificultade nunha mesma parede. Trátase dunha instalación deportiva de uso libre.

NORMATIVA DE USO

  • Para acceder e usar a instalación é necesario realizar a reserva correspondente no punto de información da Fundación Cidade da Cultura de Galicia situado no Edificio CINC e asinar o contrato de consentimento informado aceptando as normas de uso.
  • É obrigatorio que o usuario/a estea en posesión dun seguro de accidentes que cubra a práctica da escalada en rocódromo.
  • En caso de menores de idade, requerirase autorización da persoa que ostente a patria potestade do mesmo.
  • A utilización do rocódromo realizarase baixo responsabilidade do usuario/a, asumindo este os riscos inherentes á práctica da actividade.
  • A Fundación da Cidade da Cultura de Galicia non se responsabiliza dos accidentes ou lesións que se poidan producir por non respectar estas normas de uso da instalación.
  • O usuario/a debe estar sempre asegurado por outra persoa.
  • A Fundación da Cidade da Cultura de Galicia non se responsabiliza do nivel técnico ou coñecementos de calquera dos usuarios.
  • A instalación empregarase co material e indumentaria adecuada (pés de gato, corda dinámica, arnés de escalada, sistemas de freo, cintas exprés, roupa deportiva, etc.), material non caducado e homologado pola norma CE, así como por seguridade é obrigatorio o uso de casco homologado, e recoméndase empregar prendas axustadas e levar o pelo recollido.
  • Todo o material que se utilice será aportado polo usuario/a, o cal se fará responsable do bo uso e estado do mesmo para a práctica da escalada. O usuario faise responsable das técnicas empregadas para a práctica da escalada, ao tratarse dunha instalación non supervisada.
  • Está prohibido rebasar as áncoras sen asegurarse ás mesmas, sendo obrigatorio mosquetonear todos os seguros.
  • Está prohibido manipular (quitar, poñer ou cambiar) presas e/ou áncoras.
  • Só se permite unha corda por descolgue.
  • Cualquera anomalía ou desperfecto observado polo usuario/a no rocódromo, deberá ser comunicado á Xerencia da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, no departamento de información.
  • O uso da instalación por un usuario/a sen toda a documentación necesaria, comportará o abandono da instalación, tramitándose ás instancias superiores a incidencia.
  • Capacidade máxima: 6 persoas + 6 de aseguramento. Como máximo poderán simultanear a instalación 6 cordadas (2 persoas por cordada).
  • O uso indebido do rocódromo ou o incumprimiento destas normas comportará o abandono da instalación.
  • Os menores de 18 anos poderán facer uso do rocódromo con permiso expreso dos seus proxenitores ou representantes legais e sempre acompañados dunha persoa maior responsable deles, que estea en posesión do pertinente seguro deportivo, previa inscrición no punto de información da Fundacion Cidade da Cultura.
  • Só poderán estar dentro do recinto do Rocódromo os usuarios/as que estean desenvolvendo a práctica nese momento.
  • No caso de executar rápeles, estes realizaranse con coidado, sen dar saltos e tratando de non realizar movementos bruscos, xa que as forzas pódense multiplicar sobre a instalación, provocando algún desprazamento da mesma.
  • Este rocódromo conta con inspección e certificación CONFORME aos requisitos de seguridade establecidos pola norma UNE EN 15567-1:2015, emitida o 29 de marzo de 2019 e cunha validez máxima ata o 28 de marzo de 2020.