Blog

 
Santiago de Compostela, 07 de Outubro de 2024

«Téxtil suspendido é, en realidade, resultado da miña propia traxectoria e evolución como artista». Conta a deseñadora María Barros, beneficiaria dunha das catro axudas REGA 2024 á creación artística da Cidade da Cultura. Desde sempre, a súa idea da moda está ligada á expresión artística.

Comentarios0
Santiago de Compostela, 27 de Setembro de 2024

O Bosque de Galicia eríxese nas ladeiras do monte Gaiás con preto de 12 mil árbores autóctonas. Carballos, espiños, pradairos, abeleiras, érbedos, freixos, ou faias que, cando o outono asoma, se converten nunha paraxe ideal para pasear devagar coa Cidade da Cultura ao fondo. Unha paisaxe que invita a confeccionar espazos nos que a arte dialoga coa natureza.

Comentarios0

Páxinas