Blog

 
Música & Escena
Santiago de Compostela, 04 de Agosto de 2012

Nesta primeira fin de semana de agosto non podes quedar na casa! A Cidade da Cultura tenche preparado un bo menú no ciclo Atardecer no Gaiás: o dúo finés Le Corps Mince de Françoise, a poesía de Olalla Cociña e o dúo clásico formado por Jorge Montes e Alejandro Sanz.

O primeiro prato comeza hoxe, xoves, co espectáculo a cargo da nova poetisa Olalla Cociña e o músico Bernardo Martínez, que presentarán “Polares”, unha escolma de “misterios cotiáns e frases que non rematan”. Será a partir das 21.00 h na praza da Cidade da Cultura.

Comentarios0
En familia
Santiago de Compostela, 01 de Agosto de 2012
A Cidade Imaxinaria 2011

Pulgas acróbatas, pompas de xabón xigantes, zeppelins, labirintos, zancudos, pallasos, malabaristas… Todo un “exército” de artistas volverá desembarcar no Gaiás o vindeiro sábado 25 de agosto para celebrar un festival cheo de espectáculos ao aire libre para toda a familia: a Cidade Imaxinaria.

Comentarios1

Páxinas